Índa quedan entradas á venda para asistir ao espectáculo +70 do cómico italiano Leo Bassi. Un espectáculo onde fai un repaso aos máis de 50 anos sobre o escenario. As entradas poderán retirarse no departamento de Cultura do Concello da Estrada en horario de 9.00 a 14.00 ou no portelo do Teatro Principal da Estrada a partir das 20.30h da tarde. Por outra banda, sinalar que o luns día 9 comezaranse a despachar as entradas para o espectáculo Son no berce da compañía A cova das Letras, dirixido a cativos e cativas de 0 a 3 anos. Unha función que terá lugar o sábado 14 de outubro ás 12.30h no escenario do Teatro Principal.
—







































