● O xoves 2 e o venres 3 o Teatro principal de A Estrada acollerá os
espectáculos de The Great Greta e o Parlatorio con Quico Cadaval
O Teatro Principal de A Estrada acollerá
esta semana dúas novas actividades enmarcadas na programación cultural de
outono.
O xoves, días 2, sobre o escenario do Teatro Principal, ás 20:30 horas,
iniciarase a sección de Parlatorios de outono, cun artista moi singular da
escena galega, Quico Cadaval, que a través do seu compromiso coa realidade
social e cultural galega, trasladará ao público moitos aspectos da súa
traxectoria artística.
A ponencia, cunha duración de 60 minutos, será de balde, e os convites xa
poden recollerse no Departamento Cultural do Concello de A Estrada.
O venres, ás 21:00 horas, dará comezo o espectáculo multidisciplinar The
Great Greta que combina danza, humor e circo, rompendo os esquemas
actuais. A peculiar protagonista, envolta nunha escenografía única e singular,
logrará cautivar a toda clase de público.
As entradas terán un prezo de 5 euros e poderán recollerse de xeito anticipado
no Departamento Cultural do Concello.







































