A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROMOCIONA A PROVINCIACUN STAND PROPIO ENTRE O 1 E O 3 DE NOVEMBRO EN FAIRWAY

Participará xunto con outros 110 expositores no V Fórum do Camiño de Santiago que
terá lugar en Compostela. Trátase do primeiro congreso con feira tematizada a nivel

internacional centrada no fenómeno xacobeo

A Deputación de Pontevedra segue a avanzar na súa estratexia de promoción turística coa
participación, entre o 1 e o 3 de novembro en Fairway. O V Fórum do Camiño de Santiago
terá lugar en Compostela e trátase do primeiro congreso con feira tematizada a nivel
internacional centrada no fenómeno xacobeo. “Temos moi claro que para que esta provincia
vaia a máis é unha obriga apostar por este Itinerario Cultural Europeo, polo Camiño de
Santiago, e polas seis rutas oficias que atravesan a provincia cara Compostela”, remarcou a
deputada de Turismo Nava Castro ao detallar que a institución provincial terá unha
participación activa no evento a través dun stand propio.
No stand da Deputación, tal e como explicou Nava Castro, distribuiranse entre o 1 e o 3 de
novembro preto de 3.500 materiais informativos en castelán e inglés centrados nas rutas que
atravesan a provincia cara Compostela, así como nos atractivos naturais, culturais,
patrimoniais e gastronómicos de Pontevedra. Tamén haberá folletos sobre o Mosteiro de
Armenteira e a Ruta das Camelias, sobre elementos de arquitectura contemporánea e
propostas de rutas, experiencias e rutas en moto que se poden realizar na provincia.
Ademais, tal e como remarcou Nava Castro, “queremos facer tamén fincapé na diversidade
de Itinerarios Culturais Europeos que atravesan a provincia entre os que se atopan, xunto ao
Camiño de Santiago, o Gran Itinerario Cultural de VIkingos e Normandos, a Ruta europea das
Abadías Cistercienses, os Camiños da Arte Rupestre Prehistórica, a Ruta dos Fenicios e a
Ruta Europea dos Xardíns Históricos”.
Fairway contará na súa quinta edición coa participación de máis de 110 expositores. Ademais,
completa o fórum un congreso no que se debaterá sobre “Veciños, turistas e peregrinos,
condenados a entenderse”, “Taxa turística. Alea jacta est”, “Rutas e Camiños no mundo. O
fenómeno das peregrinacións máis alá das nosas fronteiras” e a “Xestión da seguridade e
hixiene no Caiño de Santiago. Houston, temos un problema”. Haberá tamén unha “Academy”
que afondará nas “Técnicas de atracción e conversión de tráfico para competir coas OTAS”,
“Intelixencia artificial ao servizo do viaxeiro, realidades para aproveitar o potencial das
máquinas”, “Whatsapp, marketing e comunicación instantánea. A intelixencia artificial no
proceso de interacción entre aloxamento e viaxeiro”, “Tik Tok como ferramenta de xeración de
reservas”, “YouTubers, Bloggers, TikTokers e Instagrammers. Estarse a facer algo ben á hora

de captar a atención do público?”, “Nómadas dixitais: un mercado internacional para o
Camiño de Santiago” e “Economía circular. Sumamos un grao á sostibilidade”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.