A Estrada acolle a exposición itinerante“A Camelia, flor das galegas e galegos”

● A exposición, de carácter itinerante, tivo hoxe a súa inauguración na
Praza do Concello de A Estrada, ás 12 horas e poderá visitarse ata o 15
de novembro.
● A praza do Concello acolleu, hoxe, a inauguración, nun acto no que
participou o edil de Cultura, Juan Constenla, e estará dispoñible ata o 15
de novembro.
● A mostra recolle diversos tótems con fotografías e información sobre
esta especie e a súa presencia en ámbitos como a cultura, as artes ou a
gastronomía.

O Concello da Estrada acolle a
exposición itinerante, “A Camelia, flor das galegas e galegos”, que foi
inaugurada, hoxe, na praza do Concello e estará dispoñible ata o 15 de
novembro, nun acto no que participou o edil de Cultura, Juan Constenla.
O percorrido mostrario leva aos visitantes a diversos tótems con fotografías e
información, así como a unha caseta de información central. A mostra conta,
así mesmo, con varias macetas de gran formato con árbores de camelias
naturais de distintas variedades.
Os tótems ou cubículos colocados nas rúas estradenses recompilan
información sobre unha flor moi presente en Galicia pero “pouco valorada”, tal e
como se sinala desde a Sociedade Española da Camelia, quen organiza a
exposición en colaboración da Deputación de Pontevedra e a International
Camellia Society e baixo a produción de Grupo Norte Eventos.
As fotografías de figuras galegas ilustres xunto coa peculiar flor encabezan os
textos, facendo o paseo visualmente atractivo. Ao longo do itinerario,
poderanse atopar as imaxes de José María Fonseca Moretón, Xabier Fortes,
Elena Ferro, Rita Vidal Mouriño, Susi Acuña, Iñaki Bretal, Manuel Doval, Judith
Rodríguez ou Michel Touriño.

Galería:


Por outra banda, exponse información sobre a Ruta da Camelia de Galicia, con
datos sobre xardíns emblemáticos da provincia de Pontevedra.
Ademais, baixo o título “Sabías que…?” algúns paneis achegan curiosidades
específicas sobre as camelias en ámbitos como a súa orixe, a historia, os
coidados que precisan, o seu uso na gastronomía, nas artes, etc.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.