Luis López indicou que ao mesmo tempo haberá concentracións
nas 52 capitais de provincia de toda España
“O domingo 12 ás 12h todos os cidadáns españois concentrarémonos
para defender a igualdade e a dignidade de España”, indicou López
O presidente do PP provincial de Pontevedra,
Luis López, acompañada da secretaria xeral, Luisa López e das representantes da
provincia no Congreso e no Senado, Ana Pastor e Nidia Arévalo, respectivamente,
animou hoxe aos pontevedreses a participar na concentración que terá lugar este
domingo 12 de novembro ás 12.00h na Praza de Peregrina.
“O domingo 12 ás 12h todos os cidadáns españois concentrarémonos para defender a igualdade e
a dignidade de España”, indicó u López. .Fixo especial fincapé en que non se pode permitir
que a costa de poder seguir na cadeira do Goberno, Pedro Sánchez estea levando a España a
unha completa deriva cos seus pactos e acordos cos socios independentistas e comunistas.
“Todos unidos, todos xuntos temos que deixar ben claro que non todo vale. Non imos quedar
calados e non imos olerar semexante despropósito. Non nos imos quedar quietos e consentir que
se leven a cabo aberracións deste calibre”, destacou Luis López.
Nesta mesma liña, recalcou que o Partido Popular non está disposto a aceptar as cesións de Pedro
Sanchez ante o independentismo en nome do noso país. E animou a todos os cidadáns a que o
domingo dende Pontevedra se diga moi claro ao Goberno de España que non á amnistía e si á
defensa pola igualdade e a dignidade de España.
“Pedro Sánchez está traspasando liñas vermellas e non o imos consentir. As súas
decisións están provocando a indignación e a vergoña dun país entero con decisións
inaceptables, inexplicables e moi difíciles de dixerir por parte de todos os españois”,
concluíu Luis López.







































