A Estrada porá á venda o luns ásentradas para os espectáculos de Nadal

 Os tres porquiños, O Musical, de Cía Educa Teatro, e Cuento de
Navidad son as propostas para o período de Nadal.

O Concello da Estrada, a través da área
de Cultura, informa de que este vindeiro luns 13 de novembro poranse á venda
as entradas para os espectáculos familiares de Nadal: ‘Os tres porquiños’, ‘O
Musical’, de Cía Educa Teatro, e ‘Cuento de Navidad’ da compañía madrileña
La Bicicleta.
‘Os tres porquiños’ terá lugar o mércores 27 de decembro ás 17.30 horas
cun custo por entrada de 6,00 euros. Poderanse retirar no departamento de
Cultura ou a través da plataforma ataquilla.com.
Con respecto ao espectáculo ‘Cuento de Navidad’, celebrarase o 2 de
xaneiro en dobre función, 17:30 e 19:30 horas, cun prezo por entrada de
7.00€.
Por outra banda, xa se esgotaron as entradas para o espectáculo deste venres
Santa Inés.
O vindeiro luns comezaranse a despachar as entradas do espectáculo As
alumnas de Culturactiva Producións, a un prezo de 3.00€.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.