En total recibíronse un total de 91 solicitudes das cales foron
aprobadas 67 mentres que as 24 non concedidas debéronse a erros
no prazo, renuncias expresas e exceso nos ingresos.
De acordo ás previsións, poderíanse acadarse os 35.000 euros en
axudas.
O Concello da Estrada aprobou a
concesión de 67 axudas á escolarización correspondentes ao actual curso
escolar 2023-2024, case tres cuartas partes do total de solicitudes
presentadas.
Durante a presente convocatoria concorreron un total de 91 solicitudes, das
cales as 24 que non foron aprobadas debéronse a erros cos prazos
estipulados, a renuncias expresas das persoas solicitantes ou a excesos na
cantidade de ingresos requirida para poder optar ás axudas.
En total son 35 as familias beneficiarias da axuda por material escolar e
comedor escolar, polo que conforme ás previsións, poderíanse acadar os
35.000 euros en axudas, aproximadamente, acadando as axudas concedidas o
pagamento do 30% ,50% e 75% do gasto xustificado de comedor escolar.
Nalgúns casos poderían acadarse contías ao redor de mil euros por unidade
familiar no caso de que houbese varios irmáns escolarizados dentro da mesma.
A concelleira de Educación, Amalia Goldar, indica que a través desta liña de
axudas búscase “incentivar un servizo de vital importancia como o é a
educación, promovendo a través das mesmas unhas condicións máis
igualitarias, independentemente da situación de cada familia”.







































