O noiés recibirá este distintivo por terceiro ano consecutivo grazas
á súa obra ‘Fíotaxidermista’.
O acto, aberto ao público, terá lugar este xoves, 14 de decembro, a
partir das 20:30 horas.
O Concello da Estrada celebrará este
xoves, 14 de decembro, a XVII Festa da Poesía coa entrega do XXVII premio
de poesía ‘Avelina Valladares’ a Manuel López Rodríguez.
O noiés revalida este galardón por terceiro ano consecutivo grazas ao seu
poemario ‘Fíotaxidermista’, do cal o xurado destacou no momento da
deliberación destacou “o seu realismo cromático, clasicismo do íntimo e cotiá e
o hopperismo”.
Tamén se indica que “no seu simbolismo metafórico atopamos unha
acentuación atinada”. Do mesmo xeito, destacaron que “utiliza o recurso de
falla de artigo” e fan fincapé na derradeira, que se presenta “como un poema
resumo, no que a percepción xeral de todo o poemario é o misterio como
estratexia poética”.
O acto, programado para as 20:30 horas no Teatro Principal será de acceso
libre para todas as persoas que desexen asistir.







































