Ruta de Sendeirismo

Cuando:
24 noviembre, 2013 a las 9:00 am – 12:00 pm
2013-11-24T09:00:00+00:00
2013-11-24T12:00:00+00:00
Donde:
Igrexa de Santeles

Saída ás 10:00 horas da Igrexa de Santeles.

Procurar estar 15 minutos antes da saída. Prezo por persoa 2€.

O domingo 24 de novembro despedimos o programa de rutas de sendeirismo de Outono. Para esta ocasión preparamos un percorrido que nos vai levar á zona de Santeles e Cora.

Sairemos da igrexa de Santeles e descenderemos ata a beira do río Ulla para logo deixalo e volver cara a igrexa. En total completaremos case 11 quilómetros de camiños e sendeiros. Lembrade que debedes estar 15 minutos antes para apuntarse e que a ruta ten un prezo de 2€ por persoa.
Quen o desexe pode acudir ás 9:15 diante do concello para sair todos xuntos e compartir coches. A previsión do tempo é boa pero non se descarta que poidamos ter algún orballo; así que xa sabedes: o chuvasqueiro nunca sobra na mochila! 
As coordenadas do punto de saída son 42.741899,-8.491231

É importante levar calzado e roupa cómoda, mellor se é de montaña. Un chuvasqueiro nunca sobra na mochila. Infórmate sobre as previsións meteorolóxicas para o día. Leva tamén auga e algún alimento.

Máis información nos teléfonos 986572267, 986570030 e nos emails: deportes@aestrada.es, info@tesourosnovos.com

cartel outono3_01

Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta