Luis López contrapón a aposta do PP polosServizos Sociais en Deza e Tabeirós, con 10,4millóns de euros anuais transferidos polaXunta, fronte á “pobreza social” de PSOE e BNG

● O presidente provincial centra na área social o seu encontro co alcalde
José López, a voceira Belén Cachafeiro e os 18 concelleiros de
Tabeirós-Terra de Montes e anuncia que o PP seguirá incrementando
estes investimentos nos oito concellos das dúas bisbarras
● López destaca o aumento da Xunta nas partidas do SAF, a gratuidade
das escolas infantís, a atención temperá e a inclusión social e alerta do
risco dunha maior precariedade social na atención a maiores e
dependentes se nacionalistas e socialistas están no Goberno galego
● Revela que 745 veciños das comarcas xa se benefician das axudas
autonómicas dos novos bonos Coidado no Fogar e de Residencia
grazas a un investimento anual da Xunta de 3,2 millóns de euros

O presidente do PP Provincial e da
Deputación de Pontevedra, Luis López, contrapuxo, nun encontro cos
representantes populares da bisbarra de Tabeirós-Montes, a “forte aposta” do
Partido Popular polos Servizos Sociais desde a Xunta de Galicia, cunha achega
anual de 10,4 millóns de euros para estas atencións nesta bisbarra e a do Deza,
fronte á “pobreza social” na atención a maiores, dependentes e familias dos
modelos que implantan PSOE e BNG nas administracións.
O tamén presidente da Deputación de Pontevedra centrou no contido social,
ademais doutras cuestións de campaña, a súa reunión de traballo co alcalde
estradense, José López, a voceira forcaricense Belén Cachafeiro, o candidato
Gonzalo Louzao e os 18 concelleiros do PP nesta bisbarra.
“Os cidadáns teñen que saber que o 18 de febreiro teñen que elixir entre dous
modelos de atención social, o que desprega o PP consolidando e ampliando
servizos e orzamentos, e o dunha maior precariedade e pobreza social, que
desenvolve o BNG, como se pode ver no Concello de Pontevedra, cos
investimentos máis baixos de Galicia nesta materia, e tamén os socialistas nos
seus concellos e desde o Goberno de España, cun claro incumprimento financeiro


da Lei de Dependencia”, explicou Luis López, que alertou de que esta diminución
no eido social pódese estender a toda Galicia se nacionalistas e socialistas están
no Goberno galego “polo habitual desleixo e abandono que amosan con estes
colectivos”.
O presidente provincial do PP, que anunciou que os populares seguirán
incrementando estes investimentos sociais nos oito concellos de Deza e Tabeirós
se Alfonso Rueda revalida a presidencia da Xunta de Galicia xa que sostén que “é
necesario dado que son as comarcas con maior índice de envellecemento da
provincia”, presentou un cadro informativo coas distintas partidas das liñas desta
materia das que se benefician os municipios desta bisbarras.
Liña Social Agolada A Estrada Dozón Forcarei
SAF 353.088 € 740.788 € – 213.840 €
Bonos 216.200 € 976.800 € 71.200 € 146.400 €
Gratuidade garderías 20.252 € 758.106 € 24.200 € 100.968 €
Atención Temperá Udiaf Deza 153.457 € Udiaf Deza –
Inclusión Social – – – –
Plan Concertado 34.105 € 147.626 € 16.815 € 16.815 €
TOTAL 711.645 € 2.776.437 € 112.215 € 478.023 €
Liña Social Lalín Rodeiro Silleda Cruces
SAF 889.200 € 217.728 € 625.536 € 358.560 €
Bonos 868.000 € 341.200 € 271.200 € 292.800 €
Gratuidade garderías 887.180 € 24.954 € 556.628 € 307.128 €
Atención Temperá 183.981 € Udiaf Deza Udiaf Deza Udiaf Deza
Inclusión Social 64.165 € – – –
Plan Concertado 183.369 € 40.422 € 50.445 € 25.774 €
TOTAL 3.250.730 € 624.304 € 1.503.809 € 984.262 €
Luis López detallou tamén que os novos Bonos Coidado, o de Fogar -cunha
achega anual de 5.000 euros para persoas dependentes- e o de complemento de
Residencia -cifrado en 1.200 euros-, xa están a beneficiar desde este mes de
xaneiro a 745 veciños de Deza e Tabeirós, dos que 225 son da Estrada, 223 de
Lalín, 93 de Silleda, 73 de Vila de Cruces, 46 de Forcarei, 25 de Rodeiro, 44 de
Agolada e 16 de Dozón . Ademais, a gratuidade nas 14 escolas infantís e puntos
infantís das dúas bisbarras permite financiar un total de 680 prazas neste territorio.
Así, o presidente provincial puxo en valor que as políticas sociais e os fortes
investimentos nesta materia impulsados polo PP desde a Xunta “permiten atender


do mellor xeito e coa máxima calidade a case 1.900 veciños das comarcas, aos
que habería que engadir moitos que non reciben estas axudas pero que se
benefician de prazas públicas ou concertadas en residencias, Casas do Maior,
puntos de encontró familiar ou doutras prestacións e axudas, algo que é de xustiza
para mellorar a súa calidade de vida”.
“O 18 de febreiro temos que elixir entre dous modelos claros, porque o que é
medible non é opinable, un de apoio decidido aos maiores, dependentes, cativos
familias e persoas en risco de exclusión sostido polo PP grazas ás políticas
lideradas por Alfonso Rueda e un de abandono e pobreza social protagonizado por
PSOE e BNG”, concluíu López, no seu encontro cos representantes públicos de
Tabeirós-Terra de Montes.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.