O sábado ao mediodía daba comezo de novo o Ciclo Colorín Colorado que como en anteriores ocasións tivo unha importante afluencia de público. Nesta ocasión os encargado de abrir o pano foron os integrantes da compañía EME 2 coa obra «O Príncipe e o parrulo».
Xa pola tarde tamén se representou no teatro unha nova obra do Festival de Títeres «Donde esta marcada la X» de Pavel Ortega, compañía mexicana. Nesta ocasión a peza ía dirixida a público maior de 12 anos.
Redacción e Fotografía: Iria Eiras






































