A Estrada abre luns o prazo de inscrición para a actividade de pintura dirixida a persoas xordas

·       As sesións impartiranse os venres, en horario de 10:00 a 11:00 horas, desde o 15 de marzo ata o 20 de agosto, a excepción dos meses de xullo e agosto.

O Concello da Estrada abrirá este vindeiro luns, día 4 de marzo, o prazo de inscricións para a actividade de pintura dirixida a persoas con discapacidade auditiva que estean empadroadas no municipio.

As sesións desenvolveranse desde o 15 de marzo ata o 20 de decembro, cun parón durante os meses de xullo e agosto. Serán os venres e terán unha duración de unha hora, de 10:00 a 11:00 horas.

As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata o 11 de marzo, inclusive, ben a través da sede electrónica municipal ou acudindo presencialmente ao departamento de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.

As persoas solicitantes deberán acompañar a súa solicitude cunha fotocopia do DNI e o certificado de discapacidade, menos as persoas que xa participaran na edición anterior, as cales non deberán presentar dita documentación.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.