O acto, que terá lugar ás 20:30 horas, forma parte da programación
do Día Internacional da Muller
O concello da Estrada acolle este xoves, 7
de marzo, un parladoiro coa gañadora do Premio Nacional de Literatura
Dramática, Paula Carballeira. A actividade enmárcase dentro dos actos
programados polo Día Internacional da Muller, que se conmemora este venres,
8 de marzo.
A autora, falará sobre o seu libro ‘As alumnas’, polo que recibiu o Premio
Nacional de Literatura Dramática 2023. Ao remate do faladoiro, a escritora
asinará exemplares do obra.
O evento terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Principal do municipio. A entrada
será libre ata completar a capacidade da sala.
‘As alumnas’ constrúe o seu relato arredor da educación para o
desenvolvemento e a liberdade das persoas, especialmente das mulleres. As
dúas protagonistas femininas da obra representan a dúas mozas no marco
histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que contan a súa historia a través
das transformacións sociais do momento.






































