A Estrada abre o luns o prazo de inscriciónpara a segunda quenda de actividades de piscina para persoas maiores

 As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 18
de marzo no departamento de Servizos Sociais ou a través da sede
elctrónica municipal.

O Concello da Estrada abre o vindeiro
luns, 11 de marzo, o prazo para participar na segunda quenda da actividade de
piscina para persoas maiores. As persoas interesadas poderán presentar a súa
solicitude ata o luns, 18 de marzo, no departamento de Servizos Sociais en
horario de 9:00 a 14:00 horas, ou de xeito telemático a través da sede
electrónica municipal.
As persoas que estean interesadas en participar deberán estar empadroadas
no Concello da Estrada e ser maiores de 50 anos. A inscrición será prioritaria
para quen non participase na primeira quenda, despois o criterio de selección
establecerase en base ao número de rexistro de entrada.
A actividade desenvolverase entre o luns,1 de abril, e o venres, 21 de xuño. As
sesións están pensadas para un mínimo de 7 alumnos e alumnas e un máximo
de 12. Haberá un total de seis sesións semanais dispoñibles, nos seguintes
horarios:
◦ Luns de 09:15h a 10:00 h
◦ Luns de 16:30h a 17:15 h
◦ Luns de 19.30h a 20.15 h
◦ Mércores de 09:15h a 10:00 h
◦ Venres de 09:00h a 09:45 h
◦ Venres de 09:45h a 10:30 h

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.