A Estrada congregará a un centenar deartistas de dentro e fóra do país coacelebración do Festival de AcordeónsMúsica no Camiño

 O Concello acolleu hoxe a presentación oficial do evento, que se
levará a cabo o sábado, 23 de marzo.

A Estrada congregará o sábado, 23 de
marzo, a un centenar de instrumentistas de dentro e fóra do país. Farao por
medio da celebración da terceira edición do Festival de Acordeóns Música no
Camiño. A sala de xuntas do Concello acolleu, esta mañá, a presentación
oficial da cita, á que asistiron o concelleiro de Cultura, Juan Constenla, o
presidente da Asociación Cultural de Acordeonistas Estradense, Javier García
Expósito, e a acordeonista Mari Carmen Barcala.
Como novidade con respecto á pasada edición e co fin de atender á enorme
demanda veciñal, nesta ocasión realizaranse dous pases. O primeiro deles
será ás 17.00 horas e o segundo ás 20.30 horas.
O cartel deste ano contará coa actuación estelar de Miguel e Isma, que son pai
e fillo. Entre os seus fitos, o dúo converteuse, no 2021, en semifinalista do
concurso de televisión Got Talent. Á súa interpretación hai que sumar,
ademais, a do grupo estradense Os Lóstregos, a da Escola de Acordeóns
Andreia de Cartaxo e o grupo de acordeóns, a coral polifónica e as
pandereteiras da sociedade Helios de Bembrive (Vigo).
As persoas interesadas poderán retirar as súas entradas no departamento de
Cultura do Concello a partir de mañá, venres 8 de marzo.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.