A entrega do recoñecemento tivo lugar esta tarde no MOME.
A candidatura de Aurora foi elixida por unanimidade polo xurado
responsable da concesión.
O Concello da Estrada concedeulle, hoxe, o
XII Premio Honorífico ao Labor das Mulleres a Aurora Loureiro Baluja, natural
de Toedo e veciña de Matalobos, polo seu exemplo vital ao desenvolverse
profesionalmente nun eido tan tradicionalmente masculinizado como unha
taberna no rural ao mesmo tempo que actuaba como piar familiar.
A candidatura de Aurora, proposta pola asociación veciñal de Santa Eulalia de
Matalobos e Jesús Janeiro Villaverde, alcalde de barrio da parroquia, foi
escollida por unanimidade polo xurado responsable da concesión deste
distintivo.
Este recoñecemento pon en valor o mérito do seu traballo nun “mundo de
homes” como é unha taberna do rural, que continúa vixente a día de hoxe.
Unha muller que conta co apoio da súa veciñanza do mesmo xeito que ela
sempre axudou en todo o que puido a quen o precisara.
A historia Aurora supón un exemplo de empoderamento e superación,
sobrepoñéndose á morte do seu marido e sacando adiante o seu negocio e a
crianza de 3 fillos. Así mesmo, a súa taberna, continúa sendo un importante
enclave social no rural da nosa localidade.
GALERÍA DUN ACTO MOI EMOTIVO:























































































