Xa están a venda as entradas para o nova obra da compañía estradense Malasombra Teatro do actor e director Xoque Carbajal.
Nesta ocasión pretenden sorprender ao público có humor de Misión Sapiens. Unha comedia con un formato parecido o do club da comedia. O guión pertence a Xosé Luís Prieto o que xa pertenceron outras obras da compañía como a recente Smoke City. Nesta ocasión a dirección está a cargo de Marcos Orsi que tamén participa como actor.
O reparto completo está composto por Xoque Carbajal, que actuara a modo de presentador e introdutor do resto dos compoñentes, cada un con un tema diferente coa finalidade de ensinar a unha persoa a aparentar ser culta sen selo. Os monólogos correrán a cargo de Jouse García, Marcos Orsi, Xabier Deive e Luís Iglesias. Estes tres últimos moi coñecidos por formar parte dá famosa serie da TVG Matalobos.
Xoque destaca os éxitos da súa compañía a empregar sempre bos actores cos cales resulta moi sinxelo traballar e saber escoller as obras en función do que o público quere ver.
Así no lo presentaron onte a edil de Educación, Amalia Goldar, acompañada dos actores Xoque Carbajal, Xabier Deive e Marcos Orsi.
As entradas están xa a venda anticipada no Departamento de Cultura do Concello a 5€ e unha hora antes da función na billeteira do teatro. A representación terá lugar o venres ás 21:00 horas no Teatro Principal.
A obra está englobada na Programación Cultural de Outono do Teatro Principal elaborada polo Departamento de Cultura do Concello.
Redacción e fotografía: Iria Eiras
Gravación: Adrián Eiras
Fotos reparto actores cedidas por Malasombra Teatro






































