O Mesón da Estrada triunfou nas Santas Tapas 2024


O Mesón da Estrada triunfou no certame vinculado ás xornadas de tapas de Santas Tapas, un clásico da Semana Santa estradense, liderado polo colectivo Hostaleiros da Estrada. O establecemento logrou, co aval do público que degustou e votou estes pinchos, o premio á mellor tapa do certame e tamén o primeiro posto na categoría de mellor presentación. A entrega de premios tivo lugar onte á noite no Restaurante Río Liñares, onde tamén se reuniron as persoas premiadas nos diferentes sorteos realizados pola hostalería local entre todos os que realizaron as distintas rutas de tapas.
Acompañando os Hosteleiros estivo a corporación municipal Estradense entre ela o futuro alcalde Gonzalo Louzao que se sumou coas súaintervención a que o Concello seguira apoiando a hostelería e comercio Estradense.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.