Este luns realizarase unha xuntaza de principio de curso da Escola Municipal de Artes Escénicas

teatro4O vindeiro luns 14 ás 20.30 h no Teatro Principal terá lugar a xuntanza de principio de curso da Escola Municipal de Artes Escénicas; un curso que xa comezou este mércores día 9 coa primeira sesión do Grupo de Adultos.

A xuntanza, especialmente dirixida aos grupos infantís e xuvenís, estár adicada a coordinar aspectos puramente organizativos (horarios,composición de grupos, profesorado etc.)

Nesta mesma liña comentarvos que o vindeiro martes día 15 ás 20.00 h o grupo de adultos da Escola comezará un curso de MONOLOGUISMO impartido por Cándido Pazó que se desenvolverá durante todos os martes do mes de outubro en horario de 20.00 a 23.00 h.

O curso ofrece tamén a posibilidade de asistir na modalidade de oínte. Todo aquel interesado en asistir en dita modalidade deberá poñerse en contacto co Departamento de Cultura do Concello da Estrada para formalizar a súa inscrición.

Redacción: Escola Municipal de Artes Escénicas

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta