Román Rodríguez anima á mocidade a achegarse ao stand de FP na Feira do Moble de Galicia

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez acompañado a alcalde estradense Gonzalo Louzao Dono, visitou hoxe o stand de FP na XXXVI Feira do Moble de Galicia, un espazo que promociona os ciclos formativos das familias profesionais de Madeira, Moble e Cortiza e favorece o establecemento de relacións coas empresas do sector.

O titular de Educación da Xunta animou á mocidade a achegarse ao expositor para coñecer de primeira man “a ampla oferta formativa e as numerosas saídas profesionais” que ofrecen estes ciclos, nos que Galicia “é un referente a nivel estatal”. A feira conta, ademais, cunha exposición de pezas elaboradas polo alumnado de Formación Profesional do Instituto IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, que este ano estreou un novo edificio de talleres grazas a un investimento de 3M€ por parte da Xunta de Galicia. Os asistentes poden tamén experimentar coa realidade virtual no simulador de taller de carpintería.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.