CÁNDIDO PAZÓ NO TEATRO PRINCIPAL!!!

DecameronXa están á venda as entradas para o no espectáculo de Cándido Pazó que terá lugar na noite do venres no teatro principal.

Obra: Decamerón
Día: Venres 18 ás 21.00 h
Xénero: Monólogo cómico
Catalogación: +12 anos
Duración: 1.20 m
Prezo: 5,00€ (Venda anticipada xoves e venres entre 10.00-14.00 h no Departamento de Cultura do Concello e na billeteira do teatro unha hora antes da función)
SINOPSE:

Cándido Pazó presenta este venres na Estrada a súa particular adaptación do Decamerón de Giovanni Boccaccio. Trátase dun espectáculo unipersoal no que, baixo o subtítulo “Historias para tempos ruíns”,

Cándido Pazó adapta algúns dos contos máis divertidos e mordaces deste clásico italiano do século XIV, buscando sacar o máximo proveito das metáforas que poden establecerse respecto da actual situación social e económica.

Seguindo a fórmula empregada en “Memorias dun neno labrego”, a combinación de teatro e narración oral, consegue, da man de un dos máis destacados narradores da escena galega, artellar un espectáculo cómico de grande carga irónica e ritmo dinámico, onde as gargalladas actúan como catarse fronte da meirande epidemia contemporánea: a peste económica.

Redacción: Departamento de Cultura

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta