A asociación da Estrada Micolóxica realizou o pasado venres a segunda charla do seu programa de xornadas micolóxicas. Nesta ocasión foi Marisa Castro a encargada de achegarnos ao mundo da micoloxía baixo o lema «Cogomelos por ecosistemas».
Hoxe pola mañá estaba prevista a primeira saída ao monte, onde despois de facerse de rogar as choivas, parece que comezan a aparecer os primeiros cogomelos.
O vindeiro venres 25 continuarán as actividades coa charla «Cogomelos medicinais» a cargo de Floro A. Rodríguez na Sala de Exposición de Novagalicia Banco.
Redacción e fotografía: Iria Eiras






































