• O xurado elixe a esta docente por unanimidade tras a proposta
presentada pola ANPA do colexio do Foxo
• Esta estradense, recentemente xubilada, consagrou á docencia 44
anos da súa vida, 23 como directora
• Foron claves na súa traxectoria profesional o fomento da cultura na
escola e o feito de entender a comunidade educativa en maiúsculas,
apostando sempre pola xestión en equipo
• O premio entregarase o venres, 7 de marzo, ás 20.00 horas nun acto
aberto á cidadanía na Sala MOME
“Évos a luz que alumea. O faro que sempre nos vai
guiar”. Con estas e outras fermosas palabras xus�ficouse a candidatura -alentada pola
ANPA Alecrín do colexio estradense do Foxo- de Rosa María Ferreira Castro ao Premio
Honorífico ao Labor das Mulleres, que o Concello da Estrada concede co gallo da
conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller. A proposta ob�vo a
unanimidade do xurado encargado de fallar este galardón, que dende hai 13 anos
impulsa o departamento que dirixe Amalia Goldar a través do Centro de Información á
Muller (CIM).
Rosa Ferreira sumarase á nómina de mulleres da Estrada dis�nguidas publicamente con
este premio honorífico, un recoñecemento que lle chega a esta estradense poucos
meses despois da súa xubilación. Nacida na Estrada no ano 1959, Ferreira é mestra
diplomada nas especialidades de Primaria, Lingua Galega, Matemá�cas e Ciencias da
Natureza. Despois de teren iniciado o seu labor docente no ano 1980 no CEIP Ramón de
Valenzuela da Bandeira e de pasaren polo CEIP Plurilingüe Varela Buxán de Cercio e o
Manuel Vidal Pondal de Pontevedra, ob�vo des�no defini�vo en Catoira. Porén, no ano
1991 foille adxudicada a praza no CEIP do Foxo. Neste centro da Estrada exerceu durante
Páxina 2 | 2
32 anos, sendo secretaria no curso 1995-1996 e asumindo a dirección dende o 1998 ata
o curso pasado.
Deste xeito, ,Rosa Ferreira consagrou á ensinanza 44 anos da súa vida, 23 deles como
directora. Da súa man, o colexio do Foxo acadou cotas moi altas como centro sempre
aberto e fondamente implicado coa ac�vidade cultural. De feito, foron claves na súa
traxectoria profesional o fomento da cultura na escola e o feito de entender a
comunidade educa�va en maiúsculas, apostando sempre pola xes�ón en equipo.
Son incontables as ocasións nas que Ferreira Castro par�cipou en inicia�vas culturais da
máis variada natureza, dende o fomento das bibliotecas escolares ata a creación dunha
pinacoteca no Foxo pasando pola organización da Festa do Pereiriños, a achega de
múl�ples persoeiros da cultura galega ás aulas do Foxo, a defensa do idioma galego ou
o impulso de numerosos proxectos educa�vos. Reúne tamén esta docente méritos no
referente ao empoderamento feminino e no fomento da incorporación da muller ao
mundo laboral.
Rosa Ferreira deixou fonda pegada nos ilustres visitantes do CEIP do Foxo ao longo destes
anos. Dende Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda a Alfonso Montero ou o crí�co literario
Armando Requeixo, quen recentemente recoñecía nun volume bibliográfico a “calidade
da súa praxe pedagóxica” e a súa “entrega contaxiosa a toda inicia�va que conduza á
maior e mellor formación integral, auten�camente humanís�ca, do alumnado ao seu
cargo”. “Rosa logrou que o CEIP do Foxo seguira sendo e avanzase en ser un referente
para toda Galicia na promoción e difusión da nosa cultura e da nosa literatura”, dixo dela
o secretario xeral da Lingua, Valen�n García.
“Rosa ten a admiración, o respecto e o agarimo da comunidade educa�va do Foxo, da
sociedade estradense e de todas e todos os que �vemos a infinda honra de compar�r
un anaquiño da estrada da vida”, sinala a candidatura do premio e comparte a decisión
do xurado. Exposicións, libros, roteiros culturais, obradoiros teatrais, obradoiros de
poesía ou encontros con escritores, pintores e cantautores levan impreso o selo de Rosa
María Ferreira Castro, a quen o próximo venres, 7 de marzo, o Concello da Estrada lle
entregará o Premio Honorífico ao Labor das Mulleres de 2025 nun acto convocado para
as 20.00 horas, na Sala MOME. O evento estará aberto a toda a cidadanía.







































