O único candidato a presidir o Partido Popular da
Estrada a partir do 11º Congreso Local que se celebrará este domingo, Gonzalo Louzao,
revelou hoxe que proporá a Manuel Magariños Maceiras, actual concelleiro de Novas
tecnoloxías, Conectividade, Reto Demográfico e Vivenda, como futuro secretario do
Comité Executivo.
Gonzalo Louzao xustificou a elección de Magariños por ser “un compañeiro que leva anos
vinculado ao funcionamento orgánico do partido, traballando xenerosamente e sen pedir
nada a cambio, e que agora aceptou dar un paso á fronte para axudar a darlle continuidade
no futuro á exitosa etapa liderada por José López”. “Todo o mundo que o coñece sabe que
é unha persoa de trato cercano, que está moi vinculado á realidade do rural e que ten unha
gran capacidade de traballo, que agora pretendemos aproveitar para seguir fortalecendo a
conexión do partido coa sociedade estradense”, engadiu Louzao.
Manuel Magariños, de 54 anos de idade, é natural da parroquia de Vinseiro e actualmente
reside na Estrada. Casado e pai dun fillo, traballa nun gran hipermercado de Santiago como
responsable de sección. Leva afiliado ao Partido Popular máis de 20 anos e no ano 2007
comezou a involucrarse na actividade orgánica do PP da Estrada, incorporándose en 2010
ao Comité Executivo da man de José López. Formou parte da candidatura do PP estradense
ás Eleccións Municipais de 2015, 2019 e 2023, resultando elixido como concelleiro nesta
terceira ocasión.
GONZALO LOUZAO PROPORÁ A MANUEL MAGARIÑOS COMOSECRETARIO DO NOVO COMITÉ EXECUTIVO DO PP DA ESTRADA
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































