MARÍA PUENTE BLANCO, NOVA ESTRADENSE CENTENARIA

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, desprazouse este mediodía ata a parroquia de Arnois para felicitar a María Puente Blanco, que hoxe ingresa na nómina de estradenses centenarios.
O rexedor acudiu ata o domicilio desta veciña, no lugar de A Quenlla, un fogar no que cinco xeracións conviven baixo o mesmo teito.
“Coido que este ten que ser o segredo para chegar así de ben aos 100 anos: estar tan ben rodeada por tanta familia, que te quere e te coida tanto”, díxolle Louzao a homenaxeada. Sinalou despois o feito de que neste fogar estradense o máis pequeno da casa ten 9 meses e a maior un século.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.