O ALCALDE DA ESTRADA AGRADECE OS 37 ANOS DE SERVIZO PÚBLICODO POLICÍA MUNICIPAL AURELIO FERNÁNDEZ BASCUAS

 Comeza a desfrutar da súa xubilación, tras teren ingresado no corpo
policial estradense en febreiro de 1989, durante o goberno de Elvira
Fernández

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, recibiu hoxe
no seu despacho a Aurelio Fernández Bascuas, policía local no municipio durante os
últimos 37 anos e que agora comezará a desfrutar da súa xubilación. O rexedor quixo
despedilo a agradecerlle, en nome propio e no de todos os cidadáns, os seus anos de
servizo público.
Louzao sinalou que tivo ocasión de traballar de xeito coordinado con Aurelio Fernández
durante a súa etapa como concelleiro de Urbanismo e tamén como responsable da área
de Feiras, realizando tarefas tan pouco sinxelas como a reorganización dos dous
mercados.
Lembrou tamén épocas complexas e excepcionais, como a derivada da crise sanitaria do
coronavirus dende marzo de 2020, un momento no que Fernández Bascuas exercía a
xefatura no corpo policial municipal.
O alcalde tamén estimou que este policía axudou á dignificación deste corpo e apuntou
que comeza agora unha “nova e merecida etapa despois de anos de entrega e traballo
en favor da seguridade pública”.
Aurelio Fernández comezou estes 37 anos de servizo na Policía Local da Estrada o 9 de
febreiro de 1989, sendo alcaldesa Elvira Fernández. Nun exercicio profesional no que o
día a día na rúa e o contacto cos cidadáns é constante, recoñeceu que o seu traballo
como policía foi sempre vocacional.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.