Asociacións de veciños, de mulleres rurais e comunidades de augas
están chamados ao encontro, que se celebrará o xoves, ás 19.30 horas,
no MOME.
Informarase sobre o Plan Provincia Comunitaria, Plan +Aqua e Plan
+Novaqua.
O Concello adianta a posta a disposición de asesoramento na
tramitación das axudas.
O Concello da Estrada e a Deputación de Pontevedra
teñen convocada para este xoves, 29 de xaneiro, unha reunión informativa con
colectivos e asociacións estradenses en relación ao Plan Provincia Comunitaria, Plan
+Aqua e Plan +Novaqua correspondentes ao exercicio 2026. O alcalde, Gonzalo Louzao,
explicou que o que se busca con este encontro e informar a asociacións de veciños,
asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas para que poidan
coñecer de primeira man as bases que rexen estas novas convocatorias.
O rexedor trasladou xa o compromiso do Concello de implicarse para axudar a estas
asociacións na tramitación necesaria para conseguir uns fondos que axudarán a estas
entidades a seguir mellorando locais sociais nas parroquias, así como a renovar ou
acometer novas traídas de auga.
A reunión informativa celebrarse no MOME, ás 19.30 horas. O alcalde explicou que no
Plan Provincia Comunitaria as asociacións estradenses aspiran a acceder a 500.000
euros en axudas para a mellora e equipamento dos seus locais. Anticipou o rexedor que,
pola súa parte, o Concello implicarase novamente na convocatoria de 2026. De feito, o
rexedor lembrou que o Concello da Estrada respaldou ás asociacións en todo o proceso
de tramitación das axudas de 2025 a través dos seus departamentos de Urbanismo e
Subvencións.
Ademais de orientalos e acompañalos no trámite de solicitude, dende a administración
municipal asumiuse a elaboración das memorias técnicas para que os colectivos non
tivesen que afrontar gastos. Deste xeito, o Plan de Acción Comunitaria supuxo o
investimento de 480.000 euros no rural estradense. A esta contía hai que engadir os
fondos procedentes da liña de axudas que, para esta mesa finalidade, ten a Xunta de
Galicia. Isto fai que estas infraestruturas das parroquias atraeran un investimento
próximo aos 700.000 euros.
O Plan +Aqua está dirixido a comunidades de usuarios de aguas para axudar a sufragar os
gastos de investimentos destinados a mellorar, en termos cualitativos e cuantitativos, a
calidade da auga e o estado das instalacións de captación, potabilización,
abastecemento e almacenamento de augas de consumo deste colectivos. O alcalde
puxo o acento en que, nestes casos, a axuda pode chegar aos 10.000 euros por entidade
solicitante.
No caso do Plan +Novaqua, a Deputación de Pontevedra axudará a comunidades de
usuarios de augas a facer fronte aos gastos destinados a legalizar novas concesións de
augas de consumo humano ou novación das existentes.







































