A Escola de Emprego Xuvenil, un programa de
inserción laboral impulsado polo Concello da Estrada en colaboración con Acción Contra
a Fame, puxo hoxe en marcha o curso de Auxiliar de Comercio, unha formación de 100
horas con prácticas en empresa na que participan dez mozos e mozas do municipio
estradense e da contorna.
Esta acción formativa está financiada polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), pola
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración
do Concello da Estrada.
O curso será impartido pola entidade ARA Formación e permitirá ao alumnado adquirir
coñecementos relacionados coa atención ao cliente, a organización do punto de venda
e o funcionamento do sector comercial, combinando formación teórica con experiencia
práctica en empresas.
No acto de inicio da formación estivo presente a concelleira de Emprego, Lucía Seoane,
que quixo acompañar ao alumnado neste primeiro día e destacar a importancia de
programas que contribúan a mellorar as oportunidades laborais da mocidade.
A Escola de Emprego Xuvenil continúa ademais en proceso de selección para outras
formacións previstas dentro do programa, entre as que se atopan cursos de carretilla
elevadora e manipulador de alimentos.
Por outra banda, xa se está desenvolvendo de maneira online o curso de Monitor/a de
comedor escolar e transporte escolar, outra das accións formativas incluídas na
programación.
A escola comezou a funcionar o pasado mes de febreiro, momento desde o que se están
levando a cabo sesións grupais de orientación laboral, dirixidas pola técnica de Acción
Contra a Fame, Rocío Castro, nas que os participantes reciben apoio para definir o seu
itinerario profesional e mellorar as súas competencias para a busca de emprego.
A través desta iniciativa, a Escola de Emprego Xuvenil na Estrada ten como obxectivo
atender a un total de 55 mozos e mozas ata decembro de 2026, ofrecéndolles
orientación, formación e acompañamento para facilitar a súa inserción no mercado
laboral
A ESCOLA DE EMPREGO XUVENIL PON EN MARCHA NA ESTRADA UNCURSO DE AUXILIAR DE COMERCIO CON 10 MOZOS DA CONTORNA
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































