NEVES RODRÍGUEZ DARÁ NA ESTRADA O PREGÓN DAS LETRAS

GALEGAS, QUE SE ANTICIPA AO COINCIDIR COA FESTA DO SALMÓN

 Será ás 11.00 horas diante do monolito a Marcial Valladares.
 A obra “As mil e unha” repasará o xoves a traxectoria da xornalista
Begoña Caamaño.

A comunicadora, actriz e presentadora Neves Rodríguez
foi e escollida este ano para dar lectura ao pregón das Letras Galegas na Estrada, nun 17
de maio que coincide no municipio coa celebración da Festa do Salmón. Será a tamén a
condutora do espazo “É de mañá”, na emisora municipal Radio Estrada, a encargada de
dirixirse a todos os estradenses nun día no que Galicia enteira lembra e homenaxea á
xornalista Begoña Caamaño.
O pregón das Letras Galegas está programado este ano cunha hora de adianto con
respecto ao horario habitual. Deste xeito, no canto das 12.00 horas, o acto co que A
Estrada conmemora cada 17 de maio as Letras Galegas será nesta ocasión ás 11.00. O
que non mudará é o espazo: será diante do monolito que lembra a Marcial Valladares
Núñez, ata o de agora o único estradense ao que lle dedicaron as Letras Galegas (no ano
1970).
O acto estará amenizado, coma de costume, pola Banda de Gaitas de Barbude. Despois
dunha breve presentación, Neves Rodríguez dará lectura ao pregón, seguida da
intervención institucional do alcalde, Gonzalo Louzao, e da realización dunha ofrenda
floral. Será ese o momento máis emotivo da celebración, xusto cando comece a soar o
Himno Galego.
En todo caso, aínda coincidindo co nutrido programa de actos da Festa do Salmón, as
Letras Galegas teñen tamén outros eventos especificamente asociados na programación
cultural destes días. A elas se vencella a aposta municipal por actividades como o Festival
Folclórico do que a agrupación Tequexetéldere é anfitrioa ou o propio concerto de
Mondra, que chega por medio da Deputación de Pontevedra.
Pero, ademais, este xoves a celebración das Letras Galegas terán unha antesala na
Estrada da man do espectáculo “As mil e unha” que, da man das historias e a música,
achegarase un chisco máis ao legado da admirada Begoña Caamaño. Trátase da nova
sesión da narradora oral Vero Rilo na que, acompañada polo músico Luis Iglesias, achega
un espectaculo de narración oral e música para público familiar. A peza chega ao

municipio estradense da man da Secretaría Xeral da Lingua. Será ás 19.00 horas, no
Teatro Principal e con entrada de balde.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.