Unha vintena de asociacións estradenses contarán con cursos e
obradoiros a través desta iniciativa provincial que promove o
apoderamento feminino e a sororidade.
As concelleiras Mari Carmen Durán Lea, Anxos Pais e
Lucía Seoane participaron esta mañá no MOME na presentación do programa +Xuntas
da Deputación de Pontevedra, dirixido a colectivos que traballen para a favorecer o
apoderamento feminino e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O acto
contou cunha ampla asistencia.
O programa +Xuntas ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na
comunidade e as súas condicións de vida, promover o apoderamento e a súa autonomía
individual, e crear redes de apoio para impulsar a participación activa, a sororidade e a
xeración de vínculos entre as participantes, así como para fomentar as relacións
interpersoais e o intercambio de experiencias ao compartir vivencias e romper co
illamento.
No caso do Concello da Estrada son unha vintena as asociacións adheridas a este
programa provincial, a través do cal se darán cursos de pilates, ioga, arte floral, plantas
medicinais, risoterapia, teatro, horta ecolóxica, musicoterapia, iniciación ao patchwork
ou conservación de alimentos, conservas e encurtidos, entre outros.







































