SANTA MARIÑA DE DOZO, CAMBADOS

imagen 1085a

En Sta. Mariña de Dozo, Cambados (Pontevedra), atopámonos cos restos que quedan dunha igrexa de estilo gótico que data do século XV. Esta foi construída sobre os restos dunha edificación románica do século XII. As ruínas de Sta, Mariña foron declaradas MONUMENTO HISTORICO- ARTISTICO no ano 1.943.

Sita na base do MONTE DA PASTORA, que alberga un antigo castro, o seu estilo é gótico-mariñeiro con influenzas renacentistas. imagen 1002 copia imagen 906 copia

Mantívose o culto relixioso ate a metade do s. XIX, pero no ano 1.830 o estado de ruinosidade era tal que se trasladou o culto de xeito provisional a igrexa do CONVENTO DE SAN FRANCISCO, coa idea de restaurala igrexa. imagen 1035 copiaPero eso nunca foi posible. Aínda que se lle sacou o teito de madeira, as obras foron paralizadas e a ruinosidade foi aumentando, así coma a desaparición de pezas moi importantes da estrutura ou ornamentación da igrexa.

imagen 1024 copia  

Hoxe en día atopámonos cunhas impresionantes ruínas que fan que todo o conxunto igrexa-cemiterio sexa unha visita agradable, a pesar da carga sentimental que o concepto mortuorio pode deixar en nós. Chama especialmente a atención o antigo cemiterio parroquial, que cubre todo o solo do adro da igrexa e tamén o seu contorno, chegando, incluso, a haber tumbas dentro das ruínas da propia igrexa. A disposición das tumbas exteriores é tan espesa que temos que ir con moito coidado a hora de pasar entre unhas tumbas e outras para non pisar as lápidas ou estragar os preciosos arranxos florais que alí se ven.

. imagen 1078 copia imagen 1073 copia

imagen 990 copia

Un altar de pedra con centros de flores naturais e un enorme crucifixo de madeira con cirios alumeando  son os restos que quedan na parte superior da igrexa. Vendo os cirios encendidos e as flores, e vendo tamén feligreses que se achegan a visitalas tumbas podemos constatar que nadie dos que alí repousan os seus restos, foi esquecido. imagen 956 copia

Unha vez fora da igrexa, percorrendo o cemiterio, damos conta da gran cantidade de ornamentos funerarios que hai nas lápidas. Podemos atopar tanto discretas esculturas de anxos, coma outras adicatorias de tipo moito máis persoal.

imagen 1109a imagen 1106 copia imagen 911 copiaimagen 1114 copia

Para rematar esta entrada, que gustosamente compartimos convosco, queremos animarvos a visitar as ruinas de SANTA MARIÑA DE DOZO EN CAMBADOS, e imos a dar un último dato relevante deste conxunto HISTÓRICO- ARTÍSTICO. Dentro da igrexa e ao lado do altar , pegado a parede da sancristía, nunha tumba de dimensións moi reducidas, atópanse os restos dun dos fillos do escritor VALLE INCLAN, que foi enterrado no ano 1914 nesta feligresía cando contaba con tan só catro meses de idade.      

REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA: ANA REQUEIJO.

  

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta