Gómez sinalou que a comunidade conta cunhas 400 hectáreas certificadas para a produción ecolóxica de mazá de sidra, das cales 120 están localizadas neste municipio pontevedrés
Puxo tamén en valor o papel das persoas produtoras de sidra, cuxa aposta, asegurou, contribúe á gran calidade que caracteriza ás producións desta localidade, na que cada ano se recollen uns 1,5 millóns de quilos de mazá

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou hoxe Galicia como toda unha potencia no sector da mazá de sidra, consolidada como unhas principais rexións produtoras de España. Destacouno na súa visita ás cooperativas Ullama e Maestra, situadas no concello pontevedrés da Estrada, nas que acaban de comezar os labores de colleita antes do habitual debido ás condicións climatolóxicas do verán.
Seguindo esta liña, Gómez sinalou que a comunidade conta cunhas 400 hectáreas certificadas para mazá de sidra (das cales 120 están localizadas neste municipio da Estrada), cuxa produción acadou no ano 2025 un valor económico de 2,2 millóns de euros.
A titular de Medio Rural puxo tamén en valor o papel das persoas produtoras de sidra, cuxa aposta, asegurou, contribúe á gran calidade que caracteriza ás producións desta localidade, na que cada ano se recollen uns 1,5 millóns de quilos de mazá que acadan un valor económico estimado de preto de 700.000 euros. Así, A Estrada é, de feito, o territorio europeo con máis superficie certificada en ecolóxico e é a principal produtora de sidra do continente.
Neste contexto cómpre sinalar a importancia da calidade diferenciada na nosa comunidade e fixo referencia ao selo Artesanía Alimentaria, co que se procura enxalzar as producións agroalimentarias que se elaboran de xeito artesán, e que ademais favorecen a creación de valor engadido. De feito, as dúas sidras producidas na Estada, Rabiosa e Peroja, comercialízanse baixo este distintivo.
Asegurou que por parte do Goberno galego seguirá a traballarse nesta liña, apostando pola produción agroalimentaria ampla e diversa que caracteriza ao sector primario galego, ao tempo que se aposta pola transformación para que o valor engadido xerado quede no territorio.










































