O CONCELLO CONVOCARÁ E ACOMPAÑARÁ NO TRÁMITE DEALEGACIÓN ÁS 14 PARROQUIAS AFECTADAS POLA LIÑA DE ALTATESIÓN A ESTRADA- PAIZÁS

 O concelleiro Alberto Blanco acude xa a un primeiro encontro en Loimil
acompañado polo técnico de Tysgal, a empresa especializada que
contratou o Concello.
 Nestes encontros ofreceranse aos veciños e asociacións o asesoramento
gratuíto e modelos de alegación.
 As parroquias estradenses polas que discorre a liña son A Estrada, A
Somoza, Agar, Cereixo, Curantes, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Loimil,
Orazo, Ouzande, Remesar, Rubín e Tabeirós. En Silleda, as afectadas
serían Cira e Dornelas.

O tenente de alcalde Alberto Blanco Carracedo
trasladouse a última hora deste xoves ata a parroquia de Loimil para participar nunha
reunión motivada pola apertura do proceso de información pública ao que quedou
sometido o proxecto, promovido por Unión Fenosa Distribución (UFD), da Liña de Alta
Tensión (LAT) A Estrada-Paizás. O concelleiro acudiu acompañado por un técnico da
empresa Tysgal, firma especializada á que o Concello da Estrada contratou para recibir
asesoramento á hora de presentar as alegacións que se estimen convenientes. Os
veciños das 14 parroquias da Estrada que estarían afectadas por este proxecto serán
convocados a novas reunións nas que se lles brindará toda a información e se porá ao
seu dispor modelos de alegación.
O persoal técnico fixo exposición ante os asistentes da situación neste momento inicial,
logo de realizar os estudos correspondentes. “Quedouse nunha nova reunión con todas
as parroquias afectadas e, deste xeito, tratar de garantir a seguridade en todos os
sentidos: tanto para as persoas como para o medio ambiente”, sinalou Blanco. “Se lles
ofreceu a posibilidade de que os veciños fagan uso das alegacións que esta empresa
elaborará para presentar en nome do Concello e tamén para facilitar modelos aos
veciños e ás asociacións”, engadiu.
O Concello vén estudando a documentación publicada no marco deste proceso aberto
para consulta do estudo de impacto ambiental e a petición de autorización
administrativa para esta liña. Con todo, o goberno local decidiu ir da man neste proceso
de Tysgal, empresa especializada que xa prestou o seu asesoramento ao Concello no
trámite de alegacións ante diversos proxectos de parques eólicos.
Dende o executivo que encabeza Gonzalo Louzao faise fincapé en que a intención do
Concello é velar polo cumprimento de todas as garantías, tanto en materia
medioambiental como no tocante ao respecto ás condicións de vida e á propiedade da
veciñanza estradense.
Maioritariamente en aéreo
En base á información publicada, esta liña de alta tensión de 66 Kv tería a súa orixe na
subestación eléctrica da Estrada e o seu destino na de Paizás (Silleda). Transcorrería
maioritariamente en aéreo, con cadanseu tramo subterráneo para a conexión coas
subestacións e un tramo adicional para o cruce do Camiño do Santiago. Sería un total de
21.664 metros.
A liña transcorre por 16 parroquias, das cales 14 pertencen ao Concello da Estrada e
outras dúas ao veciño municipio de Silleda. No caso da Estrada discorrería polas
parroquias de San Paio da Estrada, A Somoza, Agar, Cereixo, Curantes, Guimarei,
Lagartóns, Lamas, Loimil, Orazo, Ouzande, Remesar, Rubín e Tabeirós. En Silleda, as
afectadas serían Cira e Dornelas.
No tocante á motivación do proxecto, a mesma documentación sinala que a subestación
eléctrica da Estrada se alimenta unicamente da liña de alta tensión Tibo A Estrada,
mentres que a de Paizás o fai da LAT 66 kV Portodemouros. “O que supón que ambas
están en posición de antena, isto é, unha situación precaria en caso de continxencias
que poidan afectar á subministración eléctrica da zona”. “·Co fin de mellorar a calidade
do servizo na comarca e de garantir a súa continuidade ante eventualidades,”
proxéctase a LAT entre as subestacións da Estrada e Paizás, “pechando así o anel de 66
kv”, recóllese.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.