A ESTRADA, UN DOS CATRO MUNICIPIOS GALEGOS QUE ESTREA OPROXECTO PILOTO “ADESTRAR SEN PANTALLAS, GAÑAR EN SAÚDE”

 A través do deporte e da implicación directa do tecido deportivo, pretende
promover entre a infancia e a mocidade hábitos de vida máis saudables
e un uso responsable das pantallas.
 A presentación no municipio será o martes, ás 19.30 horas e no MOME,
un acto aberto a todas as persoas interesadas.
 Terá como relatores a Antonio Rial Boubeta, profesor da Facultade de
Psicoloxía da Universidade da USC e a Joaquín González Cabrera,
profesor da Universidad Internacional de La Rioja (UNIR).

– A Estrada porá en marcha o vindeiro martes, 29 de
setembro, o programa Adestrar sen pantallas, gañar en saúde, un proxecto piloto de
carácter pioneiro e innovador polo que se aposta, por vez primeira en Galicia, dende
catro municipios da comunidade (A Estrada, Cambados, Vilagarcía de Arousa e
Cambados).
O programa é froito do convenio asinado entre a Consellería de Sanidade, a Consellería
de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fundación Galega contra o Narcotráfico. Nel
participarán varios clubs deportivos do municipio, concretamente vencellados á practica
do atletismo, ximnasia e fútbol. Trátase dunha iniciativa novidosa que, a través do
deporte e da implicación directa do tecido deportivo, pretende promover entre a
infancia e a mocidade hábitos de vida máis saudables e un uso responsable das
pantallas.
Despois de que os profesionais participantes asistiran xa á formación impartida, a
xornada deste martes, ademais de presentar o programa no municipio, está dirixida a
familias, docentes, educadores ou adestradores, entre outros. Celebrarase no MOME ás
19.30 horas, con entrada libre e gratuíta. Terá como relatores a Antonio Rial Boubeta,
profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e
a Joaquín González Cabrera, profesor da Universidad Internacional de La Rioja (UNIR).
O desenvolvemento técnico do programa está a cargo de UNIR, coa supervisión
científica da USC. Como queda avanzado, o programa vai ser deseñado e pilotado
inicialmente nos concellos da Estrada, Cambados, Ribeira e Vilagarcía de Arousa e as
disciplinas deportivas seleccionadas para o inicio do programa son atletismo,
baloncesto, balonmán, fútbol e ximnasia.
Dende o departamento municipal de Sanidade, área que coordina o edil Óscar Rancaño,
a posta en marcha deste programa supón un paso adiante na procura de novas formas
de promover a actividade física e o benestar dos máis novos, aproveitando a capacidade
do deporte para educar, xerar hábitos saudables e favorecer as relacións sociais.
De igual xeito, dende este departamento municipal ponse o acento na oportunidade
que pode brindar o programa como resposta innovadora aos problemas que está a
suscitar o uso cada vez máis temperán, frecuente e intensivo dos dispositivos dixitais na
infancia e na adolescencia, con importantes implicacións en termos de saúde (tanto
física, como mental) e de convivencia.
O deporte preséntase neste marco como un aliado para promover un uso saudable das
novas tecnoloxías, contado cos profesionais do adestramento deportivo como figuras
de referencia. Con este punto de partida, búscase favorecer a detección precoz e a
prevención das novas formas de adicción entre os menores, nomeadamente o uso
compulsivo ou problemático das redes sociais, a adicción aos videoxogos, o xogo e as
apostas, que tanta preocupación social veñen suscitando.
En paralelo, búscase fomentar o desenvolvemento de habilidades sociais, emocionais e
físicas a través da práctica deportiva, como contrapunto ao sedentarismo e ao uso
excesivo de pantallas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.