“UN CÓMICO NA ALDEA” REGRESA MAÑÁ AO RURAL DA ESTRADA E OFRECERÁ UNHA DECENA DE ACTUACIÓNS ATA O REMATE DO ANO

Agarda pechar este 2026 repetindo a boa acollida que adoita acompañar
o programa, cunha media de 600 espectadores por xira.
Maxia, teatro e monólogo conforman nesta quenda outonal do ciclo
unha programación que pasará por Paradela, Callobre, Nigoi, Moreira,
Frades, Berres, Oca, Souto, Loimil e Rubín.
O pano subirá este sábado en Paradela, o mesmo día no que a
programación Estrada Escena bota andar no Teatro Principal coa obra
“Foise no vento”.

A titular estradense de Cultura, Lucía Seoane,
presentou hoxe a programación coa que o ciclo
Un cómico na aldea
regresa esta fin de
semana ao rural da Estrada. A proposta ten por diante unha decena de actuacións de
aquí ao remate do ano e agarda pechar este 2026 repetindo a boa acollida que
caracteriza este programa, cunha media de 600 espectadores por xira.
“Un cómico na aldea
non só nos brinda un cartel profesional e de calidade en cada
convocatoria, senón que nos ofrece unha proposta na que se aposta de xeito decidido
pola descentralización no acceso á programación cultural. Iso é algo moi importante nun
concello como o noso: eminentemente rural, coas súas 51 parroquias e 473 núcleos de
poboación. É proximidade por encima da dispersión”, valorou Seoane.
Cada ano o ciclo organízase en dúas quendas. Despois das dez parroquias nas que
recalou durante a pasada primavera, chegará nos meses de outono a outras dez. Haberá
teatro, maxia e monólogo, cun marcado protagonismo do humor como fío condutor.
Neste regreso de outono as actuacións estarán concentradas nos meses de outubro e
novembro. As parroquias incluídas serán Paradela, Callobre, Nigoi, Moreira, Frades,
Berres, Oca, Souto, Loimil e Rubín.
Outubro
•
Día 3 (20.00h) ->Paradela -> Isi e o Mago Toño
•
Día 10 (20.00h) -> Nigoi -> Maxia con Pablo Estévez
•
Día 17 (19.30h) -> Moreira ->
Celtas con filtro
, Unidade de Produción
EMAE
•
Día 17 (20.30h) -> Callobre ->
Foise no vento
, Unidade de Produción
EMAE
•
Día 24 -> (18.00h) Frades -> Isi e o Mago Toño
•
Día 31 (19.30h) -> Berres >
Contada de medo
, Lois Pérez
Novembro
•
Día 07 (19.00h) -> Local social de Oca ->
Contada de medo
, Lois Pérez
•
Día 14 (20.00h)-> Souto-> María da Pontragha
•
Día 21 (20.00h)-> Loimil ->
A clave 39
, Teatro Clámide
•
Día 28 (20.00h)-> Rubín-> María da Pontragha
Un cómico na aldea naceu na Estrada no ano 2011 e, logo dun parón motivado pola
pandemia, colleu novo pulo co goberno de Gonzalo Louzao, regresando ás parroquias
en 2025.
O pano sube este sábado en Paradela, de xeito que a programación cultural de outono
arranca desta volta de xeito simultáneo no rural e no casco urbano, onde tamén se
estreará mañá a programación de Estrada Escena, no Teatro Principal.
Neste caso será da man da Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE), que presentará
a peza titulada
Foise no vento
. Escrita por Toño Pena e dirixida por Xosé Lueiro,
estrearase ás 20.00 horas e achegarase á realidade do alzhéimer. Haberá fila cero en
favor de Agadea.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.