AS BATIDAS NOCTURNAS NA REDE DE ABASTECEMENTO PERMITENDETECTAR OITO PEQUENAS ROTURAS E RECUPERAR 400 m3DE AUGA

 Este traballo de campo segue unha metodoloxía sinxela: aproveitar os
momentos nocturnos, nos que o consumo baixa, para ir percibindo o son
que pode evidenciar a existencia dunha fuga.
 Persoal municipal e de Proyecon programou dúas noites de escoita con
máquinas de ultrasón e levantamento de arquetas.
 A fuga de maior tamaño estaba na contorna do polígono de Toedo.

Cando a veciñanza durme, con moita paciencia e
grazas ao emprego de ultrasóns. Persoal das brigadas municipais de Obras e da empresa
Proyecon, á que o Concello da Estrada lle ten encargada a xestión das estacións de
tratamento de Parada e Penerada, realizaron así dúas xornadas de batidas nocturnas
para a localización de pequenas fugas na rede de abastecemento. Os traballos deron
pronto resultados, permitindo a recuperación de 400 metros cúbicos de auga que se
estaban perdendo gao día .
O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, explicou que este tipo de rastrexo
prográmase con certa periodicidade, buscando que o tempo acompañe para que os
traballadores poidan ir recorrendo distintas rúas do casco urbano onde se poidan estar
producindo roturas ao longo da condución que distribúe a agua procedente dos
depósitos municipais.
Este traballo de campo segue unha metodoloxía sinxela: hai que aproveitar os
momentos nocturnos, nos que o consumo baixa, para ir percibindo o son que pode
evidenciar a existencia dunha fuga. Para iso, o persoal vai levantando arquetas e
empregando unha máquina de ultrasón, tentando afinar na localización de agua que se
está perdendo e cuxo fluír podería pasar completamente desapercibido no horario
diúrno.
Nas dúas escoitas nocturnas realizadas esta semana foi posible localizar, segundo os
datos aportados polo concelleiro, oito roturas na vila, a de maior tamaño na contorna
do polígono de Toedo. Algunhas delas xa foron reparadas e outras están en vías de
quedar solucionadas. A actuación realizada permitiu rebaixar o consumo nuns 400
metros cúbicos, de xeito que a auga saída do depósito de Penerada pasou en 24 horas a
situarse nos 2.773 metros cúbicos, cando se viñan rexistrando diariamente consumos
que se movían entre os 3.200 e os 3.300 m3
.
Óscar Durán puxo o acento na necesidade de seguir apostando pola sectorización da
rede, unha iniciativa que axiliza a detección de posibles fugas pola vía de garantir un
maior coñecemento da auga que se distribúe e se consume en cada zona da intricada
rede de abastecemento municipal. “Está permitindo ter esa capacidade de reacción que
buscabamos: ser máis rápidos á hora de detectar onde se pode estar producindo unha
perda de auga”, apuntou.
Na traída municipal de auga son xa varios os sectores creados para ter un coñecemento
máis profundo da distribución deste ben, atendendo a que a normativa actual esixe ter
o control sobre o 75% da auga distribuída. Nestes momentos está sectorizado xa o
polígono de Toedo, a zona na que se asenta a central de Emerxencias A Estrada, a traída
de Codeseda e a Zona Deportiva. Nesta última hai, á vez, varios subsectores: piscinas,
Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), pavillóns e institutos.
Óscar Durán non desperdiciou a oportunidade de seguir lanzando unha mensaxe de
concienciación á veciñanza, pedindo que se realice un consumo responsable da auga
nun momento no que o impacto da seca continúa presente.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.