A XUNTA DE GOBERNO APROBA A DISTRIBUCIÓN DE AXUDAS POR104.100 EUROS A 26 CLUBS E 8 DEPORTISTAS FEDERADOS

 A liña de subvencións a eventos e actividades deportivas, dotada con
outros 100.000 euros, permite respaldar 14 convocatorias desenvolvidas
no municipio.
 O Concello trasladará nos vindeiros días a resolución aos interesados,
que terán 10 días hábiles de prazo dende esta recepción para presentar
a correspondente documentación.

A Xunta de Goberno Local da Estrada aprobou na
súa sesión de hoxe a distribución das dúas liñas de subvencións deportivas, as
correspondentes a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas
federados e as destinadas a apoiar a realización de competicións e eventos deportivos.
Para estas dúas liñas reserváronse 204.100 euros.
No tocante á resolución das axudas a clubs e deportistas federados, dotadas cunha
partida de 104.000 euros, obtiveron achega un total de 26 entidades. Entre elas
distribuíronse 100.000 euros.
Atendendo ás bases reguladoras e aplicando os criterios de valoración establecidos nas
meses, obtiveron subvención Figueroa Estrada Pádel, ACD Veteranos Berres, Atletismo
A Estrada, Estrada Futsal, Sport Team Estrada, CD Estradense, Carracedo Competición,
CBD Sondodance, Asociación Sincroburbullas, Vea CF, Club Bádminton A Estrada, Escola
Estrada Fútbol Base, Estrada Fúbol Sala Feminino, Peña Ciclista Bikestrada, Club RC A
Estrada, Escudería San Paio, A Estrada Basket, Club Ximnasia Estrada, CAI A Estrada, CNS
A Estrada, A Cambadela Loita, Club Clicista Estradense, Club de Tenis RC, Club Tenis de
Mesa RC, Club Budoyama Karate e Judo Club Base.
A maiores, aprobouse a distribución de outros 4.100 euros entre oito deportistas
individuais.
No tocante ás subvencións a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para
competicións ou eventos deportivos realizados neste ano, resolveuse a concesión de
axudas para 14 eventos: AE League, Open Pesca Mosca, Raid Hípico do Salmón, VII
Torneo de Verán, Carreira da Sidra, Torneo Benxamín, Torneo Alevín, Campionato RC
1/8, Campionato Galego de Bádminton, Open Bandeiras Socorrismo, Triangular Concello
da Estrada, Torneo de Nadal de baloncesto, Gala Kyus (Judo Base) e Torneo de Pádel.
Acadado o acordo na sesión da Xunta de Goberno de hoxe, o Concello dará traslado da
resolución nos vindeiros días aos solicitantes. Nesta comunicación establecerase que
deberán presentar, para o abono da subvención, toda a documentación pertinente no
prazo de 10 días hábiles a contar dende a recepción deste traslado.
Axudas comedor
Noutra orde de cousas, a Xunta de Goberno Local aprobou tamén un decreto relativo ás
axudas de apoio á escolarización, en concreto vencelladas ao servizo de comedor
escolar. En virtude del, pagarase o cuarto e último prazo do curso 2025-2026 a 48
familias.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.