O CONCELLO ARRANXARÁ E REPORÁ ESTA MESMA SEMANA A LETRAQUE PERDEU O ‘PHOTOCALL’ DA PRAZA DA CONSTITUCIÓN

As brigadas do Concello da Estrada traballan xa
para reparar a letra “T” que nas últimas horas se botou en falta no photocall co nome
do municipio que luce na Praza da Constitución.
A ausencia deste elemento chamou hoxe a atención de moitos cidadáns. Ao parecer,
este elemento foi derrubado a última hora da tarde do luns, aínda que se volveu colocar
no seu sitio. Ao observar o seu carácter inestable, unha veciña deu aviso á Policía Local.
Os electricistas do Concello recolleron o elemento (que se ilumina en horario nocturno)
e procederon a illar os cables para evitar calquera incidencia por contacto.
As previsións que se barallan é que o “T” volva esta mesma semana ao seu sitio, xa
reparado. Mentres, deste conxunto de letras só manterán a luz nocturna catro, estando
as demais afectadas pola falta do devandito elemento.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.