A Deputación continúa este sábado na Estrada a novaedición do programa +Convivir, que chegará a máis de 30concellos entre 2026 e 2027

Javier Tourís presentou a xornada, que terá lugar no pavillón polideportivo Manuel Coto
Ferreiro e incluirá actividades formativas e lúdicas para toda a veciñanza
+Convivir é un programa destinado ao movemento asociativo e veciñal da provincia en
agradecemento “a todo o que está a facer a favor da cidadanía”

O deputado provincial Javier Tourís presentou este martes na
Casa do Concello da Estrada, acompañado polo alcalde Gonzalo Louzao, a nova xornada de convivencia
+Convivir que organiza este sábado 7 de novembro a Deputación de Pontevedra. A cita terá lugar a partir
das 17:00 horas no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro, ata onde se desprazarán centos de persoas
procedentes do movemento asociativo e veciñal da vila.
Javier Tourís lembrou que “+Convivir é un programa co que queremos agradecer o tecido asociativo da
provincia por todo o que está a facer a favor da cidadanía”. Deste xeito, as xornadas concíbense como
“unha oportunidade para seguir fomentando unha vida en comunidade, para xuntarnos, tecer lazos e crear
espazos de encontro onde podemos presumir do avance desta provincia extraordinaria na que vivimos”.
Ao longo da tarde do sábado terá lugar “unha morea de actividades para pasar unha xornada do máis
entretida, pero tamén con espazo para a aprendizaxe”. Concretamente, o programa da xornada +Convivir
na Estrada contará cun obradoiro sobre alzhéimer a cargo de AFASAL, unha sesión de risoterapia da man de
Mónica Novas, bailes de salón a cargo de BTroula, inchables e obradoiros para a rapazada e, para rematar,
unha merenda dinamizada cunha actuación musical. “Ao igual que a nosa oferta cultural e de lecer,
+Convivir tamén é unha oportunidade para amosar a pegada da Deputación no territorio para dinamizar a
vida das nosas vilas e parroquias”, sinalou o deputado provincial.
Entre este ano e o próximo +Convivir chegará a arredor dunha trintena de concellos. Ademais da Estrada,
Ponteareas, Agolada, Marín, As Neves, Cangas de Morrazo e Poio, está previsto que este ano o programa
chegue tamén a Meaño, Vilaboa, Salvaterra de Miño e Valga. Esta é a terceira edición de +Convivir, que
reuniu nas dúas anteriores máis de 10.000 veciñas e veciños da provincia.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.