UNHA DUCIA DE ASOCIACIÓNS ESTRADENSES SÚMANSE AO NOVOPLAN DE AXUDAS DA DEPUTACIÓN PARA DINAMIZAR AS PARROQUIAS

 As achegas permiten financiar bens e servizos para desenvolver eventos
ou actividades de interese social e comunitario, cunha achega de ata
1.000 euros por asociación.
 O prazo de solicitude está aínda aberto ata o vindeiro 30 de novembro.
 O alcalde, Gonzalo Louzao, destaca a boa acollida da convocatoria e pon
en valor o labor de asesoramento do departamento municipal de
Subvencións, que axuda as entidades a tramitar as solicitudes.
 O rexedor acompaña ao deputado Javier Tourís na visita a varias
asociacións, caso de Ribela, Nigoi ou Ancorados.

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, fíxose eco
hoxe da boa acollida que tivo na Estrada o novo plan de axudas da Deputación de
Pontevedra destinadas a asociacións de veciños e de mulleres rurais para o financiamento
de bens e servizos en eventos ou actividades realizadas por estas asociacións. As entidades
beneficiarias recibirán ata 1.000 euros e o prazo para presentar a solicitude permanecerá
aberto ata o 30 de novembro.
O alcalde acompañou esta tarde ao deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, nunha
visita a diversas asociacións estradenses que se acolleron a esta nova liña de achegas
provinciais, caso da de Ribela, Nigoi ou San Pedro de Ancorados.
Despois de agradecer e aplaudir publicamente o traballo de asesoramento e todas as
facilitades que se dan ás asociacións dende o departamento municipal de Subvencións,
dirixido pola técnico Ana Ferradáns e situado no primeiro andar do consistorio, o alcalde
sinalou que o programa chega xa a unha ducia de asociacións de distintas parroquias do
municipio, que recibirán formación e actividades adaptadas aos intereses e necesidades da
veciñanza.
A oferta inclúe propostas moi variadas, como sesións de memoria, música tradicional,
bailoterapia, plantas medicinais, zumba, promoción da saúde e do envellecemento activo,
promoción da saúde e o benestar, cociña saudable, exercicio físico ou conservación de
alimentos.
Concretamente, nestes intres teñen confirmada a súa participación neste plan a Asociación
de Veciños O Outeiro de Tabeirós, Asociación Veciñal e Cultural A Farrapiña (Pardemarín), a
Asociación Veciñal e Cultural Ribela do Umia, a Asociación Veciñal San Lois de Orazo, a
Asociación de Veciños de San Breixo de Lamas, a Asociación de Veciños de Rubín, a
Asociación de Mulleres Rurais de Castro, a Asociación As Bugineiras de Nigoi, a Asociación
de Veciños de Frades, a Asociación de Mulleres de San Pedro de Ancorados e a asociación
Fonte da Barreira de Souto.
“Son exemplos de asociacións que apostaron por esta liña de axudas para incrementar o
dinamismo social na parroquia con actividades altamente positivas para a colectividade”,
apuntou o alcalde. De seguido, o rexedor animou as asociacións que poidan estar
interesadas para que pasen polo departamento de Subvencións do Concello da Estrada se
precisan axuda para incorporarse a esta convocatoria, cuxo prazo rematará o día 30.
Dende o Concello púxose hoxe o acento en que todas estas actividades contribúen á
dinamización do rural estradense e sinalouse que as asociacións beneficiadas non tiveron
que anticipar os fondos, recibindo cada unha delas a totalidade da subvención solicitada.
Interese social e comunitario
Os bens ou servizos financiados deberán estar relacionados con obradoiros ou accións
formativas que promovan a aprendizaxe práctica e a adquisición de coñecementos de
interese social e comunitario. Tamén con actividades de promoción da saúde ou do benestar
nas que se fomenten hábitos de vida saudables e o benestar físico e emocional, así como
cursos de primeiros auxilios e riscos domésticos, actuacións de sensibilización ou
dinamización comunitaria en materia de igualdade, medio ambiente, participación cidadá
ou memoria colectiva, e por último con actividades interxeracionais.
A convocatoria estrutúrase en dúas liñas de financiamento. A primeira estará destinada á
adquisición de bens funxibles e material necesario para o desenvolvemento das actividades,
mentres que a segunda permitirá financiar servizos externos vinculados á organización e
execución dos eventos, como honorarios de profesionais, servizos técnicos ou alugueiro de
espazos e equipamento. Como queda indicado, o importe máximo das axudas será de 1.000
euros por solicitude.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.