
O Teatro Principal de A Estrada acolle este fin de semana tres sesións de teatro afeccionado enmarcadas no Certame de Teatro de Outono, que inauguraba o pasado venres Cándido Pazó.
As compañías Metátese Teatro, Disfunción Continua e Tea-Treiras presentaron no Salon de Plenos no Concello, acompañados polo Concelleiro de Cultura do Concello da Estrada D. Juan Constenla, o apartado da programación do Certame de Teatro da Estrada dirixida ao teatro amador.
Un certame, que segue o ronsel do Teatro afeccionado impulsado anos atrás pola Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada, e que nace coa idea de poñer en valor o traballo das compañías de teatro afeccionado de dentro e fora da comarca.
O programa é o seguinte:
-VENRES 25 (21.00 h, entrada: 2,00€) «BOLBORETAS» Metátese Teatro (Palas de
Rei. Lugo)
-SÁBADO 26 (21.00 h, entrada: 2,00€) «ERAN OUTROS TEMPOS OU NON» Disfunción
Continua
-DOMINGO 27 (20.00 h, entrada: 3,00€) «MULLERES» Tea-Treiras (Ponteareas)
-VENRES 1 (21.00 h, entrada: 5,00 €) «BICOS CON LINGUA X ANIVERSARIO» Talía
Teatro
A billeteira abrirá unha hora antes das funcións.
Redacción: Departamento de Cultura
Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras
Fotografía: Iria Eiras






































