Fótografia: Patricia Figueiras
Gravación e montaxe: Iria Eiras
O próximo sábado 8 de decembro, celebrase en Matalobos a VII Festa dos Callos.
Dará comezo ás 13:30h cunha misa solenme cantada polo coro do Centro Social, na honra a Santa Eulalia, de seguido será amenizada a verbena co grupo estradense Tequexeteldere.
Ás 14:30h comezará a VII Festa dos Callos, con degustación a fartar cun prezo ecónomico de sólo 10€ donde inclúe tamén pan viño postre e café.
Os nenos entre 5 e 12 anos pagaran un prezo de 5€, e para o que queira degustalos callos na súa casa tamén poderá vilos a recoller na súa pota entre ás 12:30 e ás 13:30 antes de que de empece dita festa.
Recordarlles tamén que os tikets sólo estarán á venta ata o próximo día 6 de decembro nos lugares que vos vamos a nomear, en Matalobos, na Taberna de Aurora, No Asador de Leo, e na Estrada estarán no Bar Paradero, A Caldesiña, A Esmorga e a cafetería Nicol´s.
Logo pola tarde a festa sigue coa actuación do humorista Pablo Chichas, «O Can da Taberna», a partir das 17h, e para finalizar actuarán as orquestas Solara e Ritmo Xoven.
A organización da festa convidavos a todos que seguro non vos ides a arrepentir, agradecen tamén o apoio de aqueles que colaboraron con eles.
Redacción: Patricia Figueiras






































