Grabación e montaxe: Iria Eiras
O pasado mércores 5 de Decembro, celebrouse na Estrada a VII edición da festa da poesía. Con un teatro principal a rebosar, preto de 200 participantes leron ou cantaron para deleite do público asistente. Ademáis de diferentes personalidades da vida política do noso concello, Juan Constenla, Amalia Goldar, Belén Louzao, Montse Maceiras, Xosé Magariños ou Valentín García, o certame tivo unha gran acollida principalmente polos máis novos do noso concello.
Tódolos participantes levaron como agasallo unha litografía diseñada por Rosa Herraíz e un exemplar do poemario gañador da XVI Edición do Premio de poesía Avelina Valladares. Galardón que tamén se entregou neste acto a Helena Salgueiro.
O evento en memorial a Xosé Couceiro Bugallo, poeta e gaiteiro de Souto, foi amenizado por Manoele de Felisa e o grupo Abrentes do Foxo. Así mesmo, Xosé Luna, director de Edicións Fervenza, fixo entrega dun ramo de flores a familia do homenaxeado.
Presenta o acto Rocío Calviño.
Redacción: Iria Eiras






































