Juan Ruibal, impulsor do Certame Lume na Lareira, cóntanos a historia do festival

IMG_7463O vindeiro 24 de Novembro os amantes da música folk poderán gozar coa sexta edición dun dos mellores certames deste tipo de música en Galicia, “Lume na Lareira”.

Juan Ruibal, principal promotor do festival, cóntanos os seus inicios e experiencias ao longo destes seis anos organizando o certame.

Curiosamente todo empezou coa compra de dous acordeóns ao campión de Europa de acordeón naquel momento, Manuel Olegario, pero mellor que volo conte un dos protagonistas.

IMG_7471Nesta edición o certame volverá contar un ano máis con Manuel Olegario acompañado de Alejandro, completarán o cartel Bico da Balouta de Agolada, Airiños de Gonzar do Pino, Leira Buxo de Melide, Os Plateados de Fondós de Leiro, Xirandola de Bandeira, Gonzalo Válcarcel e Juan Ruibal de A Estrada e unha agrupación de 100 voces de coros parroquiais estradenses.

Cabe destacar que ao igual que nos anos precedentes todas as agrupacións se desprazan ata A Estrada de balde.

IMG_7495As entradas para o festival están á venda no Mesón A Vila, Cafetería Alameda e Departamento de Cultura do Concello a 5€. Ante o bo ritmo de venta, os que desexen asistir, é recomendable adquirilas canto antes xa que nos últimos anos esgotáronse.

O Certame comezará ás 19:00 horas no Teatro Principal.

Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta