Gravación e montaxe: Iria Eiras
Os presupostos do vindeiro 2013 incluirán un importante incremento en materia social no noso concello. A partida de axuda a domicilio aumentará nun 10%, tamén se incrementará o destinado a servizo de teleasistencia, políticas dirixidas ás persoas máis desfavorecidas, aportacións a comedores escolares e banco de alimentos. Tamén se contemplan máis convenios con asociacións sen ánimo de lucro en cantidade e número, xa que hai novas asociacións desenrolando a súa actividade no concello.
Así mesmo, estase estudiando buscar alternativas e actividades para persoas con discapacidade trala saída de cogami na Estrada. Servizo moi demandado polos familiares dos afectados o non poder desprazalos ata o centro da asociación.
Tamén se contempla unha partida para a señalización no ámbito rural, que se realizaría en dúas fases. Completar a señalización existente para as parroquias no vindeiro ano e dos lugares no 2014.
Outras actuacións que se contemplan son o suministro de mobiliario para os parques de Figueroa e a Alameda, adecuación do mobiliario urbano e mantemento de papeleiras e contedores, ante as queixas dos veciños polo mal estado e olores que desprenden estos últimos.
Redacción: Iria Eiras






































