Os muíños de vento de «O Abalo», restaurados fai aproximadamente 20 anos, forman parte dun pintoresco conxunto que non nos deixará impasibles. Pertencentes ao concello de Catoira, foron durante a súa época de funcionamento os encargados de moer o gran de millo das parroquias colindantes. Ata alí, o gran chegaba nos carros dos veciños.
Un conxunto arquitectónico moi curioso, xa que os muíños de vento non son abundantes na zona. Sitos no alto do monte, aproveitaban a forza do vento, que sin clemencia entraba pola ría de Arousa para, así, funcionar e moer.
Son de forma circular, construídos en granito, con portas e aspas de madeira, e teitos cubertos de tellas ou pedras; elementos pesados para que o vento non se ensañase con eles.
Recunchos con encanto, en Galicia, é moi fácil atopálos cando saímos de ruta, e o conxunto de «O Abalo» é boa mostra delo. Dende alí, e cos muíños como referente da memoria dos nosos antergos e as súas formas de vida, a ría de Arousa regálanos as súas preciosas vistas.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.










































