O CASTRO DE BAROÑA, PORTO DO SON, A CORUÑA

Imagen 679 copia

Situado na parroquia de Baroña, no Porto do Son, A Coruña, o castro de Baroña está construido nunha  pequena península. Ocupado dende o século I a.c. ate o século I d.c., o castro consta de dúas murallas de protección e viviendas circulares ou ovaladas.

 

Para acceder ao interior do castro, hai una rampa que dá directamente có que sería a zona habitada. Dividida en catro áreas, atopamos os restos do que foron dúas forxas e outras construccións de planta oval con vestíbulo. No percorrido, e subindo as escaleiras accedemos o denominado «barrio de casas» e a plaza.

Imagen 353 copia Imagen 368 copia

Imagen 397 copia

Un sendeiro lévanos ao punto máis alto do castro, donde tamén hai construccións. O castro de Baroña, un dos mellores conservados de Galicia, foi autosuficiente. Dentro non hai auga, nin depósitos nin manantiais, polo que tiñan que sair ao exterior para abastecerse. A alimentación estaba baseada no producto que proporcionaba o mar, peixe ou marisco, e tamén do que proporcionaban os rebaños de cabras e ovellas. En varias excavacións atopáronse restos de metalurxia, traballos de pedra e mesmo tecidos.

Imagen 724 copia

Situado ó pé da Praia de Area Longa para acceder a este conxunto castrexo pasamos por un sendeiro, no cal observamos profundos surcos na lousa que forma o pavimento. Supoñemos que foron deixados por carros.

Os solpores a carón do mar sempre son máxicos. As nubes adquiren cores que xamáis imaxinariamos. O solpor no Castro de Baroña é vermello, azul e laranxa, e as siluetas das personas que están no alto do castro fúndense coma se formasen parte del.

Imagen 995 copia Imagen 997 copia

Imagen 1049 copia

Dende Baroña podemos ver o  Monte Louro nunha preciosa imaxe que transmite a sensación de que a montaña emerxe do mar.

IMG_0129 copia

Se ademáis, o día que vas a visitar o Castro de Baroña, os pequenos golfiños negros nadan e surcan as augas do Atlántico a máxia será tan intensa que de seguro volveras.

Imagen 456 copia Imagen 457 copia

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

 

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta