Alberte Blanco presenta o seu libro "Arcadia" na Estrada

IMG_0363Este venres a Asociación Cultural “Vagalumes” presentou o libro de Alberte Blanco “Arcadia” na sala de exposicións de novagalicia banco da Estrada.

Alberte Blanco Casal é Profesor numerario de Tecnoloxía de Ensinanza Secundaria. Entre 2005 e 2009 foi Director Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galiza. Participou na obra colectiva “Os incendios forestais en Galicia”, editada polo Consello da Cultura Galega en 2006 e coordinada por Francisco Díaz-Fierros e Plácido Baamonde. É colaborador de varios diarios dixitais, ademais da revista do Fórum Galaico
Transmontano editada en Chaves (Portugal). En abril de 2013 publicou a súa primeira novela: “Arcadia. Os gardiáns do segredo”. Esta novel está a ter unha boa acollida, tendo que reimprentarse unha segunda edición.

Redacción: Asociación Cultural «Vagalumes»

Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta