Xa están á venda as entradas para os concertos de Leilía e Vaamonde, Lamas e Romero

LEILIA 2011 - Carlos Abal 2Xa están á venda as entradas para os concertos de LEILÍA do venres 29 de novembro, e o de VAAMONDE, LAMAS E ROMERO do día 5 de decembro, ambos no Teatro Principal.

As entradas poden mercarse no Departamento de Cultura do Concello da Estrada en horario de oficina, ou na tenda De Cotío, en horario comercial, (Santiago de Compostela) ao prezo de 10,00 € (Leilía) e 5,00€ (Vaamonde, Lamas e Romero).

O Tambor de Prata 2Deixámosvos aquí uns enlaces onde podedes ver un pequeno anticipo destes dous grandes grupos:

Leilía – consentimento

Vaamonde, Lamas e Romero – O Tambor de Prata

Podedes obter máis información sobre os grupos en www.merlobranco.com

Comentarvos tamén que a partir deste mércores poranse á venda as entradas para o concerto de La Habitación Roja que terá lugar o día 7 de decembro no Teatro Principal da Estrada. As entradas terán un prezo de 10,00€ e despacharanse nos mesmos puntos de venda citados anteriormente.

Redacción: Departamento de Cultura

Imaxes cedidas por Merlo Branco Produccións

Esta entrada fue publicada en Cultura, Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta