O sábado 7 de Decembro terá lugar o Concerto acústico do grupo «La Habitación Roja».
Este grupo valenciano é unha das bandas de pop-rock máis importantes da música española independente. Con dez discos ás súas costas, presentarán na Estrada os temas do su último disco «Fue eléctrico» e farán un repaso por todos os éxitos da súa discografía.
A organización achéganos 4 entradas para sortear entre os que desexedes acudir a este evento. Para concursar non tedes máis que enviarnos o voso nome completo e número de teléfono poñendo como asunto (Sorteo entradas La Habitación Roja), antes do mércores 4 ás 19:30 horas, por calquera das seguintes vías:
– Por Email a: sorteo@aestradanarede.net
– Por SMS ou WhatsApp ao teléfono 648970792
– Tamén podedes enviarnos unha mensaxe privada polo Facebook
Unha vez recibida a vosa solicitude remitirémosvos do mesmo xeito o voso número de participación. O sorteo realizarémolo a noite do vindeiro mércores 4 de Decembro, para que os que non vos toquen teñades posibilidades aínda de adquirilas por venda anticipada.
As entradas poden mercarse no Departamento de Cultura do Concello da Estrada en horario de oficina, ou na tenda De Cotío, en horario comercial, (Santiago de Compostela)
Fotografías: Artica Booking Agency
Redacción: Iria Eiras






































